ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Hai cambios no banco do CCRD Perlío. Rafa Afonso, que adestrou ao equipo feminino nas dúas últimas tempadas deixa o posto. Marcha con bo sabor de boca. Logo do ascender ao equipo á Segunda División Galega pasará a adestrar ao Perlío B. No seu lugar, adestrará ás mozas Conchi López, que ata agora era delegada do equipo.

“Traballar para acadar a permanencia e formar xogadores da canteira para o primeiro equipo”, é o obxectivo que se marca Rafa Afonso como adestrador do Perlío B. Con el marcha o seu segundo, Cristian Anton. A dirección técnica do feminino chegou hai dous anos, nun momento no que o equipo atravesaba unha situación complicada. “A clave é o vestiario, foi a fortaleza que nos axudou”. O que requiriu máis traballo “que confiaran nas súas capacidades”. Lembra que se fixo cargo do equipo nun momento no que “a miña intención era botar unha man ao club e déronme o pulo para volver gozar do fútbol, cero que nos atopamos no momento xusto”. Nestas primeiras semanas a fronte do Perlío B pensa “tantear aos xogadores e a partir de aí a ver con quen contamos”, sinala.
En boas mans
Sobre o equipo feminino, celebra que se faga cargo Conchi López. “Penso que está capacitada e ten as condicións, é a mellor noticia para irme tranquilo, foi un apoio estes dous anos”.
Publica o teu comentario agora