ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A gaiteira, María López, estivo esta mañá no corredor principal do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, no marco do programa Música en Vena. A Subdirección de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía xestionou novamente a iniciativa desta entidade sen ánimo de lucro, Música en Vea, que ten como lema A Música Cura, e que de forma voluntaria ofrece os concertos.

O seu obxectivo é, segundo indican, “transformar en alivio o sufrimento das persoas nos hospitais a través da música en directo”. Como reiteran dende a Subdirección, é unha oportunidade para que “a música se incorpore como parte do seu coidado e atención”, afirman. Este é o terceiro concerto que se produce en diversos ámbitos hospitalarios. Na primeira das ocasións, os músicos acudían á Unidade de Diálise e ó Hospital de Dia Oncolóxico do Complexo. Na segunda das visitas, a música amenizou a estadía dos e das pacientes da Hospitalización de Psiquiatría. Nesta ocasión, a música fíxose extensiva a todo aquel que acudía ó Hospital Arquitecto Marcide. Notas de gaita no eido hospitalario Lembrar que Música en Vea leva a música a diversos hospitais públicos. A través dun proxecto solidario, achega ós hospitais diversos músicos da escena concertística local, nacional e internacional. Nesta ocasión foi María López, que, como indican, iniciou a súa formación musical ós sete anos coa zanfona, e pouco despois incorporou la gaita galega e o piano. “Recibiu clases de destacados mestres como Germán Díaz, Gilles Chabenat, Cristian Silva e Anna Mirzoyan, o que lle ten permitido desenvolver unha sólida base técnica e artística nestes instrumentos”, explican dende Música en Vena. En 2022, conclúe os seus estudos no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol co Premio Fin de Grao en gaita. María López, convértese, en 2019, na primeira muller galega e a persoa máis nova en gañar o Trofeo MacCrimmon no Festival Interceltique de Lorient. Ten colaborado con artistas como Carlos Núñez. En 2023, foi coautora do libro-disco As que dormen entre o centeo; e, neste 2025 lanza o seu primeiro álbum, Daydreaming, onde interpreta e arranxa persoalmente tódolos temas. Incidir en que música ten efectos positivos no benestar emocional dos pacientes. Existe evidencia de que a música pode transformar en alivio o sufrimento das persoas. Por iso, a Área Sanitaria de Ferrol, a través da Subdirección de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía, coa colaboración de Música en Vea, volve levar a música ó ámbito hospitalario.
Publica o teu comentario agora