ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Boa música e as mellores vistas na hora do vermú a fin de semana grande de Galicia. Proposta do festival Marola! que se celebra en Ferrol o sábado 25 e o domingo 26 de xullo. Falamos de música e de literatura co director de Embora, Miguel Toval.

“Nun espazo magnífico, no centro da cidade, con vistas ao mar e con boa música” celébrase a terceira edición de Marola!. De Portugal chega a banda The mean devils, que actúa o sábado, e o domingo escoitaremos a Tesouro, de Ourense. Os dous días a partir das 13.30.
Neira Vilas
“Unha decisión agardada, en novembro cumpríronse dez anos do seu pasamento”. Referiuse así Miguel Toval á decisión da Real Academia Galega de dedicarlle a Xosé Neira Vilas o Día das Letras Galegas 2027. “Un autor extraordinariamente querido polos seus lectores, xenerosa con todo o mundo, que lle gustaba estar coa xente”, así lembra a Neira Vilas ao que Embora publicou sete libros.
Publica o teu comentario agora