Música e teatro na Festa das Letras Galegas de Limodre

Música e teatro na Festa das Letras Galegas de Limodre

19 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A AAVV de Limodre celebra esta fin de semana a Festa das Letras Galegas. A entidade que preside Suso Bello retrasou a conmemoración do 17 de maio por problemas de axenda dos rapaces e rapazas que forman parte do grupo de teatro da sociedade.

Os exames e as excursións de fin de curso dos membros da formación de teatro xuvenil da AAVV de Limodre obrigaron este ano a aprazar ata esta segunda quincena do mes de xuño a celebración das Letras Galegas.

A festa comezará mañá sábado, ás oito e media do serán, cunha semblanza de Ramón Piñeiro e unha actuación do grupo de cantareiras “Bolboretas” da Liga de Amigos de Barallobre. Ao remate subirá ao escenario do local social Juan Varela o grupo de teatro xuvenil da entidade. Nesta ocasión representará a obra “Os segredos de Daniel”, baixo a dirección de Suso Bello.

Segundo explicou a Radiofusión o presidente da asociación de veciños de Limodre, ao remate da xornada convidarase a uns pinchos a tódolos asistentes.

Sociedade