ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As cabanas xa están preparadas e o Eume agarda polos visitantes. Chega a Festa da Fraga ás Pontes, unha tradicional romaría que se remonta a 1904. Esta noite celebrarase o Nabiza Rock cunha mestura entre grupos profesionais e afeccionados da vila. Mañá continúan os concertos co Festival Folk e o domingo chega o gran día no que a troula e a música será as protagonistas da xornada.
As Pontes segue de festa. Esta mesma noite chega o Nabiza Rock, onde destacan grupos como os cataláns Sidonie e por suposto os grupos ponteses como Raze, Que cunda o pánico ou Ogmios. O festival ten por obxectivo darlle unha oportunidade aos grupos da vila en igualdade de condicións respecto aos grupos de renome, co que se pretende que grupos locais se vexan equiparados ós grandes grupos convidados para esta ocasión.O sábado a música segue nas Pontes co Festival Folk no que actuarán entre outros a Banda da Balbina ou Che Sudaka.E o domingo chega o gran día da Festa da Fraga, declarada de interese turístico. A música tampouco faltará neste día grande da Fraga. Durante toda a xornada unha charanga e dúas orquestras amenizarán as proximidades do Eume, xunto con outras actividades, como un espectáculo de malabares da man de Roi Sixto.