ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A discoteca Onda de Ferrol acolle o próximo sabado 2 de maio, un concerto homenaxe ao músico falecido hai menos dun ano, Pepe Suanzes, quen foi membro dos grupos Bertones e Zest. O concerto comezará ás dez da noite e contará coa asistencia de diversos grupos de ferrolterra e diferentes estilos musicais. A idea da homenaxe xurde coa intención de recoñecer a carrera musical de Pepe, un músico ao que todos os artistas invitados ao evento co&nt
Actuarán as dúas irmáns do homenaxeado, María e Paloma Suanzes, polo que se espera un concerto emotivo pero á vez ruidoso, de tal maneira que os asistentes poden estar seguros de que non sairán defraudados. Miguel Cela, membro de Zest, grupo organizador do evento, declaraba hai uns dias en Radio Fene que todos os grupos convidados teñen algo que ver co homenaxeado.
Ademais de Zest, o concerto contará con Bertones (último grupo do que era membro Pepe Suánzes) Al Vila, Grumete Parker, Horus, Paloma e María Suanzes, Fer Patiño e Miss Routinne.
As portas da discoteca Onda abrirán o sabado 2 de maio ás 22.00 horas e permanecerán abertas ata as tres da madrugada.