Música na rúa

Música na rúa
05 de Agosto, 2025 - 07:28 h. | Publicada por Radio Fene

A música na rúa é festa pero tamén ledicia e cultura. Ademais propicia movemento e negocio para os establecementos de hostalería. Ben é verdade que debe haber algunha limitación horaria para conciliar á diversión co dereito ao descanso. 

Fotografia Xan Xe

En Fene non haberá este verán festa do patrón ao non terse formado comisión organizadora, pero os catro bares da avenida Naturais de Fene encarganse de poñer a música ao verán. Este mércores 6 de agosto haberá sesión vermú co Dj Microshow e Dj Chisco de unha e media a tres. O grupo Mártires del rock and roll ofrecerán a súa melodia de nove a dez e media da noite. Organizan O Roiben, Lembranza, O Camarote, Mar e Terra.

 

Na imaxe Malditos Pendejos actuando na rúa en Fene (15-09-2023)

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora