ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Helena de Alfonso e Jose Lara lideran o proxecto Barahúnda que ven de sacar o seu cuarto álbum: o libro -disco Fremosas cantigas de amigo e de amor. Ofrecerán un concerto na inauguración da exposición Documenta Hórrea. Este sábado ás sete e media da tarde na Liga de Amigos de Barallobre en Fene.
Helena de Alfonso e Jose Lara naceron en Madrid, desde o 2010 viven en Rianxo e fan música galega, inspirada na poesía de Garcia Lorca, Manuel Antonio e moitos outros autores. Composicións propias a partir das cantigas medievais galego portuguesas inspiran o estilo Barahunda. Escoitan o que canta o pobo, indican.
Documenta Hórrea
A exposición comisariada por Laura Bouza pretende reclamar o importante papel do hórreo na paisaxe galega. Fotografías artísticas de Xan Xe, obras de Malena Carballo, Alejandro Coedo, Laura Bouza, Verónica Garcia, Andrea Pena e Juan Sobrino, comparten espazo coa visión contemporánea do hórreo que ofrecen en formato postal alumnos e alumnas de Laudas Calamity. Organizan a mostra Son Radiofusión, Laudas Calamity e Radio Fene coa colaboración do Concello de Fene, Deputación de A Coruña, Sociedade Agarimo de Sillobre, Liga de Amigos de Barallobre e da Asociación Veciñal de Magalofes.
Fotografía Xan Xe: Barahúnda en Radiofusión
Publica o teu comentario agora