ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pistóns, electroválvulas, poleas, motores, cintas transportadoras mestúranse no proceso de creación de “Torn de nit” do grupo de música Cabo San Roque. A formación barcelonesa crea este espectáculo a partir da desmontaxe dunha liña de produción dunha fábrica de galletas. Actuarán este xoves 21 no Centro Cultural Torrente Ballester.
Baixo o nome dun vello transatlántico, Cabo San Roque naceu no ano 2001 como grupo de música adicado á experimentación máis lúdica e evocadora. Para elo empregan instrumentos inventados, xurdidos da reciclaxe de obxectos diversos como máquinas de coser, lavadoras ou pezas de mobiliario en desuso. Agora en “ Torn de nit” botan man de aparellos da desmontaxe dunha liña de produción de galletas para construír un novo fragmento de fábrica dirixida á produción de música.
A fábrica amosarase nunha coreografía mecánica de pistóns que fan bailar o acordeón a a ritmo de cha cha chá e de electroválvulas que fan soar as trompetas de Jericó. Un cruxir das máquinas entre silencios e sombras, extrapolado a instrumentos de vento, corda e percusión conectados aos mecanismos e coa inclusión de voces en off dos antigos empregados.
A cita con “Torn de nit” de Cabo San Roque este xoves ás dez da noite no Centro Cultural Torrente Ballester.