Música solidaria

Música solidaria
17 de Agosto, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A música de rondallas soará en Ares o vindeiro sábado 30 de agosto a beneficio da Asociación Española contra o Cancro.

 

A gala musical amenizada polas Rondallas, Estrelecer de Fene e Trovadores de Ares, terá lugar na igrexa parroquial a partir das 20,00 horas do vindeiro sábado. A actuación das rondallas está organizada pola xunta local da Asociación en Ares dentro do programa de actividades para recadación de fondos programada ao longo do ano. 

“É importante que cada quen aporte o seu gran de area”, sinala a presidenta da Xunta local da Asociación en Ares Mari Gelis Riveiros Ares. As agrupacións musicais aportarán a súa participación altruísta e a entidade agradece as achegas que as persoas asistentes queiran doar á entidade, xa que a entrada ao evento será gratuíta. 

A Asociación Española Contra o Cancro, conta con máis de 1.200 profesionais, case 36.000 voluntarios e máis de 700.000 persoas asociadas.  Trátase da ONG que máis cartos destina á investigación está presente e máis de 500 proxectos, nos que ten comprometidos 100 millóns de euros. 

O obxectivo é que o cancro sexa, grazas á investigación, unha enfermidade curable ou crónica. O seguinte chanzo, que xa ven alcanzable: un 70 % de supervivencia antes de 2030. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora