ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Exposición fotográfica, obradoiro de afinación e interpretación da gaita galega e concertos inclúense na I Xornada de Cultura Popular Galega, "A nosa imaxe. O noso son" organizada pola Asociación Folclórica e Cultural Berros do Castro de San Sadurniño. A entidade consciente que o patrimonio fotográfico é o documento básico no século XX para plasmar a vida da sociedade galega, está a desenvol
A mostra fotográfica inaugúrase nesta xornada. Entre os obxectivos desta exposición de destaca a necesidade de configurar unha historia gráfica da música tradicional na comarca, que axude a comprender a evolución sufrido polas formacións. Tamén se busca pór en valor e dignificar ás persoas que fixeron achegas no eido da música tradicional.
O obradoiro impartido polo gaiteiro Iván Costa, sobre técnicas de afinación e interpretación desenvolverase entre dez da mañá a unha do mediodía. Pola tarde de catro a sete.
Tras o obradoiro, Iván Costa xunto ao acordeonista Manolo Maseda, interpretarán ás oito do serán un concerto con composicións propias ou de música tradicional galega. Ás oito e media, o grupo A Requinta de Xián repasar a historia e a evolución dos instrumentos das formacións musicais e das cancións propias das Terras do Ulla. Destaca a utilización de requintas, pínfanos ou charrascos.
Só hai 25 prazas para participar neste obradoiro. O custe é de 10 que se terán que aboar antes deste mércores 30 de setembro.
Respecto á exposición fotográfica compóñena 6 paneis, nos que se recolle unha pequena escolma das máis de 190 imaxes que a día de hoxe recompilar a asociación. O proxecto iníciase a comezos do 2008 con achegas de imaxes por parte da familia Nieto de Valdoviño, á que pertenceron destacados músicos de principios e mediados do século XX, e da familia Lago, descendentes de artesáns de gaitas e emparentados co afamado gaiteiro Constantino Bellón.
As imaxes que compoñen os diferentes paneis non reflicten unha orde cronoloxía, polo feito que o proxecto non está pechado, se non que está aberto a novas incorporacións de imaxes. O arquivo compoñen fotografías que van dende comezos do século XX, como por exemplo a fotografía do Coro Toxos e Froles actuando para o Marqués de San Sadurniño, pasando por grupos de renome como Os Veiga, Aires D'a Terra, Follas Novas. Destaca a instantánea do cuarteto de Freixo, grupo do que era integrante o gaiteiro Gumersindo Parapar, autor da muiñeira de Freixo, melodía popularizada por Carlos Núñez e o grupo irlandés The Chieftains. O límite temporal imposto na recollida de fotografías son os anos setenta, anos á que pertencen imaxes de grupos como Os Estrobos, Aturuxo, Mozas, Xente Nova, e outra serie de asociacións e grupos xurdidos das novas correntes folclóricas do país, como é o caso de Donas e galáns, Terra Meiga ou Agarimo de Catabois.
Ademais de imaxes, os paneis incorporan textos sobre distintas perspectivas da música tradicional galega, escritos por persoas que lle deron valor ao proxecto ou que son coñecedores da tradición musical da nosa contorna. O proxecto conta coas colaboracións de Xosé Crisanto Gándara (doutor en Musicoloxía e profesor no Conservatorio de música Xan Viaño de Ferrol), Xabier Martínez, que presenta un texto sobre a música tradicional galega desde o ámbito relixioso, Mónica Dopico (técnico cultural). Tamén participaron Xoán Rodríguez Silvar (gaiteiro ferrolán de Raparigos) e Ovidio García e Emilio Mesias (profesor de linguaxe musical e gaiteiro).
Este proxecto ten a súa plasmación musical nun circuíto de concertos didácticos programados desde diferentes entidades das comarcas. Nas actuacións, o grupo instrumental da Asociación ilustra o pasado e presente da música tradicional da bisbarra a través dunha constante alternancia entre explicacións, proxección de imaxes, e interpretación das melodías que conformaban o repertorio dalgúns dos grupos presentes na escolma fotográfica. Na procura de fotografías adoitan aparecer tamén instrumentos e partituras coas melodías interpretadas por estes músicos e que, na súa maioría, quedaron durmida ata que os compoñentes dos Berros as volveron espertar para interpretalas nos seus concertos (Pasodoble de Aires d'a Terra, Un Gallego en Cuba, Pipínidas El Exprés de Tucumán, Anxelina, Periquiño, La Mujer Ydeal, A Ovella ...).
No marco destes concertos, a Asociación Berros do Castro, en colaboración co artesán e músico Antón Varela Cachaza, fai unha pequena mostra de gaitas antigas e modernas. Nesta mostra destaca a cesión que realizou a familia Vergara de oito dos punteiros utilizados ao longo da traxectoria musical do músico Manuel López Vergara.
A A.F.C. Berros do Castro pretende seguir ampliando o seu proxecto de achegamento ao patrimonio musical da bisbarra. Con esta finalidade, solicitan a colaboración de todas aquelas persoas que conserven algún documento gráfico sobre esta temática. As fotografías pódense entregar, para a súa dixitalización, no obradoiro do artesán Antón Varela, situado na rúa San Francisco de Ferrol, ou tamén remitir en formato dixital ao enderezo electrónico da Asociación: berrosdocastro@gmail.com