Músicas do mundo con Son + D2

Músicas do mundo con Son + D2

18 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar o próximo 29 de xaneiro unha nova sesión das “Tardes de contos de Lendas”.

Nesta ocasión, en lugar de tratarse dunha sesión de contacontos, tal e como viña sendo habitual, tratarase dun concerto didáctico que baixo o título “Músicas do Mundo” intentará achegar aos pequenos diferentes ritmos e estilos musicais de diversas nacionalidades. Os encargados de interpretar estas músicas serán os membros do grupo “SON+D2”. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos e terá lugar o venres 29 de xaneiro ás 19 horas na biblioteca municipal.

Sociedade