ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
As maceiras xa botan flor, síntoma inequívoco da chegada da primavera. Conversan na solaina do pazo, como dicía Álvaro Cunqueiro. Detémonos na mazá "raíña de reinetas", árbore de bo vigor e de moi boa fertilidade. O froito é mediano e a súa epiderme amarela estriada en vermello. A polpa é branca, azucrada e suavemente perfumada. É froita de gran calidade.

Os meses de abril e maio son interesantes para o fertilizado, de capital importancia para as froiteiras. O esterco debe ser "feito", ben fermentado. Débese repartir de xeito uniforme na coroa de rega, e coa axuda dun sacho, procurar que se mesture coa terra superficial da coroa (con moito coidado, para non afectar ao tronco e ás raíces) dando unha boa rega a continuación. O esterco aporta materia orgánica ao solo, segundo nos indica Juan Luis Camacho no libro "Árbores froiteiras en Galicia. Guía práctica para o cultivo" (Baía edicións. A Coruña. 2000)
Publica o teu comentario agora