Machismo no fútbol

Machismo no fútbol
26 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O machismo segue moi presente no mundo do fútbol. Así o pon de manifesto o estudo 8M2021: Elas+fútbol. Falamos en Onda ODS coa súa impulsora, Bibiana Santiso.

 

ESCOITA O PODCAST:

O 82,5% das consultadas no estudo 8M2021: Elas+fútbol sufriron ou presenciaron machismo no seu posto de traballo no fútbol, máis dun 90% soportaron bromas e chistes machistas e o 75% aguantaron declaracións despectivas sobre a súa capacidade. O plan piloto 8M2021: Elas+fútbol, é un estudo elaborado en colaboración coa Universidade da Coruña con entrevistas a mulleres que traballan no eido futbolístico da provincia dende equipos ata xornalistas, fisioterapeutas, árbitras etc. A súa impulsora é Bibiana Santiso, gran coñecedora do mundo do fútbol pola súa ampla experiencia laboral dentro deste deporte.

Na imaxe, Bibiana Santiso (Impulsora do estudo 8M2021: Elas+fútbol)

Sociedade

Publica o teu comentario agora