Madredeus renace con “Metafonía” en compaña da Banda Cósmica

Madredeus renace con “Metafonía” en compaña da Banda Cósmica

19 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

No camiño, os portugueses tamén expanden o seu nome: Pedro Ayres Magalhâes e Carlos María Trindade rebautízanse como Madredeus & A Banda Cósmica, un conxunto con novos intérpretes e ata tres voces femininas.

 

“Metafonía” consta de dous discos con senllas coleccións de temas tituladas “Inéditos” e “Clássicos”. Presentarase en directo a finais do vindeiro mes de marzo nunha xira que parará en Lorca (Murcia), o día 28, e o día 30 no Teatro Calderón de Madrid.

 

Cultura