ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Considerada pola crítica como unha das mellores fadistas de nova xeración, Mafalda Arnauth presenta novo disco este sábado no Teatro Jofre de Ferrol. Un álbum titulado “Flor de Fado” no que a artista interpreta unha coidada selección de grandes cancións da historia da música portuguesa pero tamén temas orixinais, de nova creació
Flor de Fado é un canto á vida e ao amor. É o disco máis íntimo de Mafalda Arnaut, segundo declarou a artista esta mañá a Radiofusión. Neste álbum, que supón o quinto na súa traxectoria musical, a cantante portuguesa combina cancións de nova composición con temas recuperados do cancioneiro popular portugués.
En Flor de Fado, Mafalda Arnauth abandona o hermetismo do fado para experimentar con novos rexistros, como xa fixera no seu anterior traballo, “Diario”.
Mafalda Arnauth presentará o seu “Flor de Fado” o vindeiro sábado en Ferrol. Subirá ao escenario do teatro ferrolán ás oito e media do serán