Magalofes celebra o Día da Música con voces cercanas

Magalofes celebra o Día da Música con voces cercanas

20 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O venres desta semana, o dia 22 conmemórase outro día sinalado, o Día da Música. A AVV de Magalofes festéxao por todo o alto cun triple concerto. Os convidados son: Xosé Saavedra, Sito Sedes e Carlos Rey, uns dos músicos máis populares da comarca.

Será o propio venres ás 8,30 da tarde. O reto para o público é difícil porque está pensado para escoitar sentados. Nos preguntámonos de poderán aguantar. Se non fose así, o presidente da AVV de Magalofes, Manuel Pico, daríalles permiso para bailar. Ao remate das actuacións serviránse castañas asadas entre os asistentes.

A asociación veciñal de Magalofes prepara outro espectáculo musical para o 27 de decembro, en pleno Nadal. A particularidade desa nova cita é que os músicos serán nenos e nenas.

Sociedade