Magalofes precisa a auga

Magalofes precisa a auga

02 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene interesouse esta mañán polos proxectos da auga a Magalofes e a auga e o alcantarillado para o lugar de San Marcos e a parte alta de Sillobre. Iván Puentes e Manuel Pico, en representación dos veciños, reuníronse co Conselleiro de Medioambiente, Agustín Hernández, para retomar estes proxectos que estaban comprometidos polo anterior goberno galego.

Iván Puentes acudiu esta mañá á Consellería de Medio Ambiente coa fin de solicitar “información sobre estado e prazos do proxecto que levará auga a Magalofes, así como auga e saneamento a San Marcos e a parte alta de Sillobre; dúas obras tan demandadas como necesarias para o noso Concello”, tal e como el mesmo explicaba tras a reunión.

Os proxectos estaban xa na Xunta pendentes do financiamento para poder levalos a cabo. Por parte do Concello recordouse que todos os trámites necesarios están xa realizados, dende os acordos plenarios pertinentes ata a disposición de terreos para acometer as obras. Así mesmo, destacaba Puentes, que a realización dos proxectos e o financiamento de ambos fora xa comprometido pola Consellería de Medio Ambiente do anterior goberno biartito da Xunta.

Estas dúas actuacións suporían o investimento de preto de 3 millóns de euros (1 millón de euros a auga a Magalofes e 1,8 millóns a auga e o saneamento a San Marcos e a parte alta de Sillobre), pero sobre todo permitirían dotar dos servizos básicos aos últimos nucleos de Fene que a día de hoxe carecen deles. O Conselleiro estudará o posible financiamento, pero dende a Xunta instouse a buscar un posible cofinanciamento entre a Consellería e o Concello.

Sociedade