Magalofes renova as festas do San Xurxo

Magalofes renova as festas do San Xurxo

15 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nunca iso se fixera segundo a vicepresidenta da asociación de veciños de Magalofes Esther Freire, pero os tempos mandan e así como hai tempo saíase de xolda os domingos pola tarde, agora o venres á noite concéntrase boa parte das saídas.

O venres 24 tocarán no festival para a xuventude os grupos T.Krap, Rey Mugre, Estimaba que viñeras e Bronze. O sabado 25 duas boas orquestras, Satélites e Panorama, amenizarán pezas do mediodía e verbena. O domingo toma o relevo a agrupación musical Troba.

 

Sociedade