Maica Bouza (CC OO): “A Xunta aplica a mesma receita orzamentaria do goberno central”

Maica Bouza (CC OO): “A Xunta aplica a mesma receita orzamentaria do goberno central”

26 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

UGT e CC OO cualifican os presupostos da Xunta para 2011 de “restritivos e antisociais”. As centrais sindicais destacan a redución das partidas destinadas á cobertura de servizos públicos básicos e porén sinalan ao goberno galego que está a debilitar o proceso de diálogo social. Ambos sindicatos poñen o acento no desemprego. A secretaria de emprego de CC OO, Maica Bouza, explicou en Radiofusión que, a Xunta non aposta por pol&ia

Bouza amosouse moi crítica respecto aos orzamentos do goberno galego para o vindeiro ano que, na súa opinión, se basearían en dúas variables: maior gasto público e máis cartos para investir no emprego. Coas medidas orzamentarias do goberno de Núñez  Feijóo resulta imposible loitar contra o desemprego e a Xunta ten que propiciar o crecemento económico, salientou.

A representante sindical comparou ao executivo galego co central indicando que están a aplicar a mesma receita: reducción de gastos e botando man dos ingresos. Bouza criticou a suba dos impostos indirectos independentemente do poder adquisitivo das persoas. “Habería que gravar as rendas máis altas seguindo un modelo retributivo máis xusto e equitativo. Nós demandamos da Xunta medidas que permitan a creación de emprego e que Galicia saia a crise en boas condicións”, precisou.

Sociedade