ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Unha muller máis súmase á Corporación municipal de Fene. A socialista Rosa Romero tomou posesión como concelleira de Fene tras a renuncia de Joaquín Ayala. Entrevistamos en Radio Fene á nova concelleira e a recen estreada voceira socialista María Ares.

“Pensando en traballar e aportar, lembrando a Joaquín, darlle as grazas por todo o que aportou”. Así se estreou Rosa Romero no cargo de concelleira, “sempre interesada na actualidade municipal, veño dunha familia moi interesada na política, con ideas progresistas”. Quere aportar “traballo e algunha boa idea”. A voceira do seu grupo e secretaria da agrupación local do PSOE en Fene anunciou que Rosa Romero ocupará as áreas que antes levaba Joaquín Ayala. “Somos tres concelleiros moi traballadores e cohesionados, contamos sempre co apoio da agrupación”, declarou María Ares quen opina que o traballo da oposición resúltalle “moi invisible” á veciñanza.
Publica o teu comentario agora