Maiores activos

Maiores activos
15 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Envellecemento Activo, o programa dos servizos sociais do Concello de Fene, entra na recta final por este curso. A clausura oficial será conxunta, o mércores, día 26, segundo informou en Radio Fene a pedagoga municipal María Xosé Paz.

ESCOITA O PODCAST:

Envellecemento Activo é un programa moi consolidado e apreciado pola veciñanza, que organiza o Concello contando coa implicación das asociacións que ceden espazos e dan difusión ás actividades, destacou María Xosé. Este ano participaron nos obradoiros 95 persoas. A clausura oficial do programa terá lugar na Casa da Cultura, a partir das 17.30 horas. Xa confirmaron asistencia 65 persoas que realizarán unha visita ao Museo do Humor, asistirán a distintas proxeccións e rematarán o encontro cunha merenda. Para facilitar o desprazamento desde as distintas parroquias ata a Casa da Cultura haberá servizo de autobús.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora