ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene ofrece formación a persoas maiores coa finalidade de rachar a fenda dixital. Xa está aberto o prazo para anotarse en dous cursos nos que poden aprender a manexar as novas tecnoloxías, segundo informou a pedagoga municipal María Xosé Paz.

Aprender a navegar de forma segura pola Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ou aprender a utilizar de xeito seguro as redes sociais e a realizar videochamadas. Son os contidos de dous cursos de formación en competencias dixitais que organiza a área de Benestar do Concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntario, coa que xa organizou actividades de formación para a rapazada. Cada un dos cursos consta de catro sesións. Comezarán o 2 de febreiro e serán en horario de mañá. O prazo para anotarse rematará o venres 16 de xaneiro.
Comentarios
(Sen asunto)
Publica o teu comentario agora