Mala primeira parte

Mala primeira parte
05 de Decembro, 2022 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

"Xogamos unha primeira parte mala no campo do Xestal en Monfero" indica o adestrador da S.D.Barallobre Miguel Carballeira. "Fomos sempre por diante no marcador e melloramos despois do descanso con algúns cambios, asentámonos e conseguimos os goles" precisa o técnico. Colleronlle o tempero. Monfero 2 - 5 Barallobre, na Segunda Galicia de fútbol.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Xogarán a vindeira xornada o xoves oito e poden ter dificultades para reunir a dezaseis xogadores polos compromisos laborais e familiares. Recibirán no campo do Ramo ao Maniños B.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora