Malas sensacións

Malas sensacións
30 de Maio, 2022 - 11:59 h. | Publicada por Radio Fene

"Temos o pior coeficiente porque a federación estableceu ese sistema para hipotéticos descensos en caso de arrastres por perdas de categoría do Foz, o Laracha e o As Pontes. Somos o pior dos terceiros nos grupos da zona da Primeira Galicia de fútbol. Non sabemos o que vai ocorrer pero temos malas sensacións" afirma o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

A Preferente Galicia rematou xa e esta semana a federación terá que resolver os arrastres nos descensos, xa que na Primeira Galicia non afectarán este ano os ascensos da Segunda Galicia. O Perlío quere saber en que categoría vai competir a vindeira tempada antes de poñerse a planificar a campaña.

Deportes

Publica o teu comentario agora