Malawi en Soutomaior con Marcos Fernández

Malawi en Soutomaior con Marcos Fernández

06 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Multiusos de Arcade acolle dende este venres a mostra fotográfica “Olladas que nos achegan a Malawi: o corazón cálido de África” de Marcos Fernández. Unhas imaxes que nos levarán a coñecer máis de preto a vida en Malawi e que poderá visitarse ata o 22 de maio.

Para inaugurar a exposición a Concellería de xuventude contará coa presenza do seu autor que, a través dunha video-conferencia que se celebrará as 20:00 horas do venres achegará aos asistentes a súas experiencias e vivencias no país africano.

 

Títeres.

 

Na xornada do sábado a cita é para os máis pequenos coa posta en escena do espectáculo de títeres “Chicha rabincha” a cargo da compañía a Xanela do Maxín. Unha obra onde os cativos atoparán personaxes entrañables que lles axudarán a superar os seus medos e a facer desaparecer os pesadelos. A cita as 20:00 horas no Multiusos de Arcade.

Sociedade