Malos recordos de verán

Malos recordos de verán
19 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O verán que se aproxima é tempo de lecer, de festas e reunións familiares e cos amigos. Pero hai persoas que non o pasan tan ben como se podería pensar, como relataron a Radio Fene Isabel e Sergio, do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra. 

ESCOITA O PODCAST:

“No meu caso había sempre moitos plans que ao final nunca se levaban a cabo, fracasaban, a intención era gozar pero xa empezaba bebendo pola mañá”, conta Isabel. “Sempre acababa mal, non eran datas que me gustaran, había moito sufrimento”, engade o seu compañeiro Sergio. Hoxe Isabel lembra con alegría que “teño un pequeno e o ano pasado fun quen de levalo á praia, grazas ao Grupo”. Para ela, antes o tempo de festas acababa mal. Borracha, involucrada en pelexas ou no hospital por coller o coche despois de beber, “os accidentes que tiven a maioría foron no verán vindo de festa”. Un caso semellante narra Sergio. “Cada vez que saia, que me emborrachaba, sempre acababa con problemas”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora