ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
David Sainz e Teresa Segura, produtores de Malviviendo, visitarán Galicia no vindeiro mes de abril. Ofrecerán un curso de produción audiovisual no Ateneo Ferrolán e exercerán como xurados do Carballo Interplay. Representan o auxe do mundo das series web.
O ano pasado chegou o final de Malviviendo, a serie web de máis éxito no estado, e o seu creador, David Sainz, cortouse literalmente a coleta (no seu caso, as rastas). Como é a vida profesional dos seus creadores desde entón? Cóntano en Entertainment, unha serie en forma de falso documental que retrata o día a día en Different Entertainment, a produtora capitaneada por David Sainz e Teresa Segura. Que, como sabedes, ademais de ser o director e a produtora de Malviviendo, son os padriños do Carballo Interplay.
E como bos padriños participarán no segundo ano de vida do festival, e veñen cun agasallo: o adianto en exclusiva do 6º episodio de Entertainment, que será no Pazo dá Cultura de Carballo o xoves 16 de abril, xusto antes da proxección da película Searching for Meritxell dos Burnin Percebes.
Teresa e David estarán en Carballo de novo o tres días do festival.