Manexo seguro da tecnoloxía

Manexo seguro da tecnoloxía
25 de Abril, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene non quere que ninguén quede atrás no manexo das tecnoloxías. A Concellería de Benestar ofrece para o mes de maio dous cursos, un para maiores e outro dirixido a familias sobre uso seguro da internet polos menores. Anunciounos a pedagoga municipal María Xosé Paz en Radio Fene no espazo dos Servizos Sociais.

ESCOITA O PODCAST:

Volven ofrecer formación en competencias dixitais para maiores de 60 anos co curso “Mellor acompañad@”. Tamén informan ás familias dos riscos da internet para os menores nun curso chamado “Eu conecto”. Nos dous casos, o prazo de inscrición está aberto e ten que haber un mínimo de oito persoas anotadas para que se celebren.

O curso Mellor acompañado impartirase os martes 5, 12, 19 e 26 de maio en horario de mañá, na Aula de Informática. En colaboración coa Fundación Amigos de Galicia. O curso Eu conecto será en horario de tarde, na Casa da Cultura. Organizado en colaboración con Cibervoluntarios. Os días 19, 26 e 28 de maio e o 2 de xuño.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora