Maniños, Fene, Laraxe e Perlío

Maniños, Fene, Laraxe e Perlío

05 de Agosto, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A rapazada da comarca sabíase de memoria o calendario das festas patronais do verán. O seis de agosto comezaba unha rolda de verbenas onde destacaba a coincidencia das parroquias de Maniños e Fene. O remate dos festexos na honra do Divino Salvador daba paso ao San Lourenzo. Este ano Maniños adiantouse cunha churrascada o venres cinco de agosto

Perlío prepara as súas festas do verán 2016 para a vindeira semana. Os gaiteiros Os feneses percorrerán as rúas da parroquia . A música correrá o venres doce de agosto a cargo de The Boys Machine e o trío Tribal. O sábado trece de agosto subirán ao palco a orquestra D´Moda e o trío Sintonia.  Haberá misa e procesión sábado e domingo, segundo salienta  a comisión de festas.

Sociedade