Maniños a pé

Maniños a pé
05 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Volven as Andainas por Fene. A próxima cita lévanos este sábado, día 7, a Maniños. A nova Andaina do programa que organiza a Concellería de Deportes, en colaboración coas sociedades, sairá ás cinco da tarde do local social do Pote, anunciou Xabier Rodríguez, presidente da Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva O Pote de Maniños. 

 

ESCOITA O PODCAST:

No seu percorrido, a Andaina inclúe puntos como a Ponte da Pedra, o Camiño da Corredoira, o  muíño de Solís e os Casais. E hai prevista unha parada ao pasar por Prismos, onde se falará das  pirotécnicas e do castro. A duración prevista é de algo máis de tres horas. Aconsellase levar calzado apropiado. A camiñada inclúe bastantes quilómetros por zona de monte de a dificultade será media alta. Como guías actuarán María Xosé García, de Aetna, e o presidente do Pote.

Sociedade

Publica o teu comentario agora