ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Cofradía da Virxe de Dores e a Xunta Parroquial de Maniños ultiman os preparativos da Semana Santa nesta parroquia de Fene. Os actos comezarán o vindeiro domingo coa bendición de ramos na Igrexa Vella e a posterior
Coa celebración do setenario da Virxe de Dores, que conclúe xa este venres, Maniños adéntrase cada ano na Semana Santa, unha celebración na que impera sobre todo a tradición.
Dende o Domingo de Ramos ao de Resurrección son moitos os veciños desta parroquia de Fene que acuden aos oficios relixiosos propios destas datas. Segundo o secretario da Xunta Parroquial de Maniños, Jaime Fraga, a maior afluencia de xente se rexistra xa o primeiro día, no Domingo de Ramos, pero tamén na xornada central do Venres Santo, o día da procesión da Virxe de Dores e do Santo Cristo. Para este acto, a Xunta Parroquial e a Cofradía preparan unha “carroza”, iluminada e adornada con flores, sobre a que se colocan as dúas imaxes que presiden o desfile.
Completa o programa da Semana Santa en Maniños a celebración da “Liturxia Pascual” na xornada do Sábado Santo que se completa ese día, rematado o acto relixioso, cunha invitación a bola e queixo por parte da Cofradía de Dores.
Xa o Domingo de Resurrección, os veciños e veciñas de Maniños acudirán á misa coas súas bolas de Pascua na xornada en que se fará, como manda a tradición, a bendición do pan.