ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Maniños salvou con nota a primeira eliminatoria na fase de ascenso á Segunda División Galega do fútbol feminino. Maniños 6-2 Carballedo. Partido xogado no Pote o domingo, ás doce da mañá. Desde o principio, foi superior o Maniños, que chega en moi bo momento ao final da temporada, como recoñeceu o técnico, Juanjo Iñiguez, Cebolo
“Chegamos moi ben ao final da temporada. Marcamos moi rápido, despois tivemos dez minutos de relaxación. Polos informes que me chegaron, ás rivais custoulles moito acabar a temporada, viñeron con once xogadoras ”, detalla o míster, pendente xa do próximo compromiso que disputarán contra o Eirís. Domingo, día 28, 18:00 horas no campo do Pote. Adestrarán mércores e venres coa idea de “traballar a tope, non importa quen nos toque”.
Publica o teu comentario agora