Manolo Bacalhau canta música portuguesa

Manolo Bacalhau canta música portuguesa
19 de Marzo, 2025 - 01:31 h. | Publicada por Radio Fene

Manolo Bacalhau ofrecerá un concerto de música portuguesa o vindeiro luns no salón de actos da Escola de Idiomas de Ferrol. A actividade forma parte das Xornadas culturais organizadas polo centro educativo. 

Fotografia Xan Xe

Bacalhau tocou cos Saraibas ou con Cempés. Publicou o disco "Son do bar" no que recolle pezas de música tradicional da zona. Actuará o luns ás oito da tarde na Escola de Idiomas, na rua Real de Ferrol. As Xornadas culturais tamén incluen un obradoiro de capoeira o luns (17h), unha obra de teatro en francés o martes (19h) e unha charla obradoiro coa integrante de Pandereteiras Bouba Carmen da Pontragha o mércores (18h). A actividade finalizará o xoves as sete  e media da tarde cun concurso sobre o Dia de San Patricio na cafetería do centro. 

 

Imaxe de Manolo Bacalhau

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora