ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Puro divertimento, pero compromiso tamén co país. Así é o coctel musical de Manolo Bacallau ou Bacalhao porque tamén leva a Portugal no corazón, despois de coñecer a figura de Zeca Afonso, de feito non falta á cita dos Amigos-as de Zeca cada ano. Este músico ferrolán, que debe o alias á campaña do bacallau que fixo en Terranova con só 17 anos, aprendeu a tocar a guitarra con Paco Yáñez e débe
No bar La Espuela, na rúa Magdalena de Ferrol, onde prestaban guitarras para cantar nalgún dos seus apartados, un xove Manolo de 18 anos, recén retornado do Atlántico Norte, era o centro de atención da pandilla na que destacaban entre outras, as voces de Lula Sanmartín e de Rosa Galdo. Estamos nos anos 70 cando de moda estaban para a mocidade inquieta, as cancións que chegaban de América latina, Atahualpa Yupanqui, Víctor Jara, Jorge Cafrune...Daí nacería o grupo “Xarabal” que chegou a actuar na praza de touros de As Pontes.
A súa voz excepcional e as súas cualidades para a música levaron ao noso protagonista a grabar con Saraibas e Paco Díez, e a colaborar con numerosos acontecementos culturais, entre eles a “Semana da Poesía Salvaxe” de Ferrol.
Nos anos 80 participa nos obradoiros de instrumentos musicais na Universidade Popular de Vigo; da cursos de Formación ocupacional sobre construcción de instrumentos musicais, en Cuntis nos 90. De volta a Ferrol, traballa un tempo no taller de fabricación de gaitas con Tonecho Varela.
Será porque o seu avó construía botes que Manolo Bacallau gosta do mar e coordenou o VII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia que se celebrou en Ferrol no 2007. O porto de Curuxeiras albergou nada menos que 134 barcos. Manolo Bacallau presidíu ademáis a asociación “Lefre de Caldereta” de Ferrol, promovendo actos culturais ben orixinais.
Manolo Alonso (Bacallau) ten un sombreiro e dúas guitarras ás que profesa moito cariño, unha regaloulla o seu curmán e outra mercoulla por encarga o seu amigo, Miguel Tranquilo.
Deixémonos embaucar por este xeneroso cantor que mira ao chan e pecha os ollos, para sentir o que canta, para cantar o que sinte.