ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Barallobre regresou de mans baleiras da súa visita ao Rosalía de Vilaboa en Valdoviño (2-1) nun encontro da Segunda Futgal marcado pola estratexia. O preparador, Borja Mesa, cualificou o balance como "negativo polo resultado", pero rescatou a actitude dos seus xogadores nun partido moi completo.

Dúas accións a balón parado sentenciaron aos visitantes, que pese a dominar as segundas xogadas e ter ocasións claras —incluído un pau de Adán—, non estiveron acertados cara ao gol. "Cometemos erros de marca que nos condenaron", explicou Mesa.
Sen tempo para lamentacións, o equipo xa mira á Copa. Este xoves reciben ao Val nun duelo "ilusionante" onde esperan dar a sorpresa ante un rival de superior categoría co apoio da súa afición.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora