Mantén a categoría

Mantén a categoría
14 de Maio, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños confirma a categoría malia perder contra o Carral na última xornada da Segunda División Galega de fútbol feminino. A adestradora, Noelia Leiras, destaca o esforzo feito e declarase moi orgullosa do equipo.

 

ESCOITA O PODCAST:

Cumpre o obxectivo marcado ao comezo dunha tempada, que foi longa e difícil polas lesións. O Maniños feminino rematou a Liga en Carral. 5-0 nun partido con dominio do Carral na primeira parte, máis igualado na segunda. “Sabíamos que ia ser un partido moi duro, o Carral xogaba a promoción, un equipo que xoga ben, nun campo natural e tiñamos xente tocada porque pesa a tempada”. O importante, o Maniños salva a categoría. No furgón de cola Meicende, Almeiras e Silva. Ascenden Xallas e Pastoriza. Loitará pola promoción o Orzán B. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora