ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Victoria mantense na carreira pola liga. “Hai que ser fortes mentalmente” indica o adestrador do Maniños Adrián Martinez. O equipo branco é líder da Primeira Futgal con 61 puntos empatado co segundo clasificado o Victoria C.F. Quedan tres xornadas para o remate da Liga. O Maniños visita Vilaboa, recibe ao Cedeira e finaliza a competición no campo do Oza Xuvenil.O Victoria xoga co Ural, Orillamar e Olímpico.
O partido empezou ben para o Maniños cun Orillamar ben situado no campo. Hugo logrou o primeiro gol e recuncou desde fora da área. Ata o descanso,o equipo visitante botouse máis atrás e sen perigos para o Maniños. Xa na segunda metade chegou o 2-1 e os locais comezaron a perder enerxía. O 2-2 no 87 e o 2-3 no 92 foron xogadas similares. A vindeira xornada o Maniños visita ao Olímpico de Rutis.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora