Manual de instrucións

Manual de instrucións
14 de Xaneiro, 2019 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

O campo do Ramo ten o seu manual de instrucións para os equipos visitantes. A herba natural e o vento da ría necesitan dunha maneira de entender o xogo. Medirse ao Barallobre trae consigo unha preparación concisa. E co manual deu o Rosalía de Vilaboa en Valdoviño que foi superior ao conxunto local. Na Segunda Galicia de fútbol, Barallobre 0 – 3 Rosalía.

ESCOITA O PODCAST:
Sociedade Deportiva Barallobre

Non é o mellor momento do Barallobre que descendeu á cuarta posición tras perder este domingo e empatar a pasada semana en Vilarmaior. O equipo necesita coller máis confianza nos últimos metros, segundo o adestrador Óscar Varela. O técnico pensa que todos os futbolistas queren gañar e réstalle importancia ao sistema de competición que provoca que os equipos deste grupo non poidan ascender nin descender de categoría.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora