ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un estudo sobre o libro de Manuel Antonio “De catro a catro” prepara Xosé Luís Axeitos, que leva moitos anos dedicado á lectura e á pescuda arredor da obra e da vida do escritor de Rianxo. Axóuxere Editora encargaráse da publicación na que se debullan os diferentes orixinais e o proceso que finalizou coa edición do volume na imprenta Nös da Coruña en marzo de 1928.
A poesía de Manuel Antonio indaga no coñecemento da realidade a través da reflexión sobre a propia poesía e o proceso creativo e, máis tarde, a través da vivencia existencial e da emoción persoal. En torno a esas vivencias pescudou durante moito tempo Xosé Luís Axeitos autor da biografía Manuel Antonio Unha vida en rebeldia. Falamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusión deste libro.
Manuel Antonio foi un poeta de minorias, porque elexiu a óptica do heterodoxo. Segundo Axeitos, "Galicia foi a súa paixón e a súa relixión, e a literatura a súa particular ferramenta para acadar a liberdade individual e colectiva".
A recepción e crítica da obra non estivo á altura do esforzo creador dun escritor para o que “crear literariamente e construir o país son o mesmo proceso” afirma Axeitos. Manuel Antonio forma parte dunha xeración rianxeira que tivo capacidade creativa dabondo para ver na súa pequena vila un refuxio desde onde contemplar o mundo e transmitirnos aos demais esa mesma protección.A pesar de ser un home enfermo, encara o futuro colectivo con decisión e optimismo.
Publica o teu comentario agora