Manuel María recibirá unha homenaxe o vindeiro xoves 10 de decembro no Círculo das Artes de Lugo

Manuel María recibirá unha homenaxe o vindeiro xoves 10 de decembro no Círculo das Artes de Lugo

04 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Fundación Manuel María, o departamento de Cultura da Deputación de Lugo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizarán, para o vindeiro 10 de decembro ás 20.30 horas no Círculo das Artes de Lugo, unha homenaxe a Manuel María baixo o título “Versos para sempre cantar”.

O evento contará coa participación de Isidro Novo e Santiago Fernández, que recitarán poemas do autor de Outeiro de Rei. Ademais, o acto desenrolará unha dramatización dunha das pezas teatrais de María, “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”, que será musicada por Nani García  e o cuarteto de clarinetes “Xerion” e interpretada por María Inés Cuadrado. A entrada será de balde ata completar o aforo.

Cultura