ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Poñer en coñecemento da cidadanía o que está a suceder na produción das patacas”. Este é un dos obxectivos dos agricultores galegos que ven como aos consumidores se lles cobra o produto a corenta, cincuenta incluso sesenta céntimos por quilo, cando eles só reciben 4 céntimos. Unha situación denunciada polo Sindicato Labrego Galego que cataloga esta práctica de usura. A partir das doce do mediodí
Os mercados transparentes son espazos nos que os consumidores e consumidoras, ademais de adquirir os seus produtos, coñecen o prezo pagado ao produtor ou a marxe comercial aplicada establecéndose un lugar común onde as dúas partes, produtores e consumidores abordan conxuntamente a problemática dos prezos. Levan a cabo así unha venda directa onde se lle explica á xente a onde se destina a diferenza de cartos desde a súa orixe ata as súas mesas.
O custe de produción das patacas galegas oscila dependendo de diversos factores como a climatoloxía. Segundo o secretario dos Sectores Vexetais do Sindicato Labrego Galego, Manuel Parente, cubriríanse os gastos a partir dos 12 céntimos.
A crise do sector reside entroutras causas na falla de regulamento do sector, nas importacións masivas deste tubérculo (o mercado español está cheo de pataca de Exipto mentras que as de A Limia acumúlanse en almacéns que se rematarán tirando) e nas prácticas ambiciosas de obter maiores beneficios das multinacionais e as cadeas de distribución.
"Temos que contar cunha garantía de prezo. Coñecer exactamente a cómo van pagar a pataca e cubrir o custe do noso traballo. Necesitase unha auténtica regulación das relacións contractuais", salientou Parente.
Todas estas reivindicacións plantexarannas ante as administración autonómica e central e tamén nas industrias. Tentarán entablar un diálogo para solventar este problema e buscar unha vía de solución. Polo momento explicarán aos consumidores o seu traballo e darán a coñecer a calidade do seu produto. O seu berro "por unha solución xa".