ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A xestión do Concello de Fene neste 2009 caracterizouse pola improvisación, segundo afirma o Bloque Nacionalista Galego. Un ano perdido no que non se atenderon ás necesidades dos veciños e veciñas. Segundo os nacionalistas, neste ano de crise económica, non se axudou ás familias máis necesitadas nin se impulsou a formación e a xeración de emprego. Un balanzo negativo do que responsabilizan ao alcalde, Iván Puentes.
A improvisación e a lentitude foron a tónica na xestión municipal no 2009 por parte do goberno encabezado por Iván Puentes, afirmou esta mañá en Radiofusión o voceiro do BNG de Fene, Manuel Polo. Exemplos desta falta de impulso e de paralise dos socialistas feneses son a non execución de obras xa aprobadas e que non se levaron a cabo. A construcción das vivendas sociais do Sartego, a traída de auga a Magalofes, a creación dun ximnasio no Instituto de Barallobre. A II fase do Polígono de Vilar do Colo, segue sen iniciar ao xurdir atrancos co trazado do Camiño de Santiago ao seu paso pola zona. Polo tamén subliñou a deixadez que está a sufrir o Centro da Terceira idade de Fene, uns traballos de mellora prometidos pola Xunta de Galicia.
Desde o Goberno Central tamén se aprobou no 2006 a creación no noso concello dunha base de salvamento marítimo, e aínda non se moveu un anaco de terra para elo. Desde o BNG acusan directamente desta falta de impulso e de traballo ao rexedor fenés, pois sinalan que é Iván Puentes quen debe coordenar todos os departamentos e traballar alomenos para rematar o comezado e iniciar o aprobado .
Manuel Polo cualifica de inocentada o anuncio do alcalde na que informa que xa contan cun borrador dos orzamentos do 2010. O voceiro nacionalista sinalou que é a mesma canción de todos os anos e que nunca se leva a cabo.
A ferramenta básica para unha xestión municipal eficaz son uns orzamentos ben planificados que inclúan un plan de emprego municipal complementario aos da Xunta. Un investimentos para levar a cabo obras programadas como a creación do auditorio municipal e que potencien a axuda á dependencia e ás familias con fillos con dificultades económicas.