ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, lamenta que o PP do municipio estea a utilizar a demagoxia para restarlle importancia aos logros conseguidos polo goberno local nestes catro anos, calificándoos como obras baleiras de contido.
Ante as críticas á recente inauguración do Punto de Encontro, o rexidor ordense negou que se tratase da terceira inauguración da Alameda. Así, explicou que en primeiro lugar, en setembro de 2009, o que se inauguraron foron as obras de ampliación da Alameda, un acto ao que acudiu o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, ao tratarse dunhas obras que contaron con financiamento provincial. En segundo lugar, foi o delegado do Goberno, Antón Louro o que fixo unha visita ao municipio para comprobar as obras realizadas a través dos fondos estatais, obras entre as que se encontraban as fachadas dos baixos da Alameda, de aí a visita ás instalacións.
Por último, Regos lamentou que o PP de Ordes reste importancia ás obras inauguradas o pasado venres, referentes ás novas instalacións ubicadas nos baixos da Alameda. Unhas instalacións que inclúen unha biblioteca ampliada e renovada, o Museo Xoxardo, aulas de formación, unha sala de conferencias, un local para a xuventude e locais de ensaio para os grupos do municipio, que melloran en gran medida as infraestruturas ordenses, e que eran moi demandadas polos veciños e veciñas do municipio.
O rexedor ordense cualificou a actitude dos populares como demagóxica e que só responde a fins electoralistas, aínda que como explicou o alcalde, “os veciños e veciñas de Ordes serán os que saberán valorar todo o traballo realizado polo goberno local”. Regos engadiu ademais que mentres o PP se adica a lanzar panfletos polo municipio criticando as obras realizadas polo Concello, o goberno local segue a traballar para mellorar os servizos de todos os ordenses.