ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A residencia oficial de Monte Pío, fogar transitorio do presidente da Xunta, acolle o primeiro cara a cara entre Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feijóo logo das eleccións e previo ao traspaso de poderes. O líder do Executivo saínte e o do entrante levan quince días de acusacións cruzadas arredor do proceso do relevo, mais no Parl
O voceiro do PP pide quid pro quo na Cámara galega: “Esperamos que a oposición sexa construtiva, aínda que todo o dura que queiran” e lembra, á menor ocasión, que “nós fomos quen, cando se nos desprezaba, cando se actuaba con soberbia, de aprobar case o 50 por cento das iniciativas que presentou o Goberno bipartito”. Ruiz Rivas valora a experiencia do paso pola oposición e concede que haberá que procurar o diálogo no Hórreo porque “aínda que na Galicia interior superamos a suma dos votos da oposición, non obstante o número total é moi similar”.
Verbo do seu futuro político, Manuel Ruiz Rivas non oculta que lle gustaría por o broche á súa traxectoria no seu concello natal de Ribeira. “Son un namorado do meu concello e non desboto que algún día sexa realidade que me poida presentar á Alcaldía”, mais aclara que lle corresponde ao actual rexedor, José Luis Torres Colomer -alcalde con cinco maiorías absolutas- decidir primeiro o seu futuro. En calquera caso, quen polo de agora repetirá como portavoz parlamentario do PPdeG, confesa que “o goberno municipal sería unha ilusión porque a miña vida política comezou no meu concello e a el me debo e aos meus veciños que son os que fan que eu estea no Parlamento”.