Manuel Sánchez: “Hai que coller o touro polos cornos”

Manuel Sánchez: “Hai que coller o touro polos cornos”

11 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“ Hai que tirar das orellas ao concello e á Deputación ante a falla de dilixencia e neglixencia no tema das beirarrúas de Barallobre, indicou o voceiro de EU de Fene, Manuel Sánchez esta mañá no apartado As Foxas do Programa A Fenestra de Radiofusión ao fío do Pleno ordinario do pasado xoves. Outro dos temas tratados no mesmo foi o cese do persoal de confianza previsto para o 31 de decembro. Algo no que Sánchez se amosa dacordo xa “

Manuel Sánchez tamén abondou no anunciou do alcalde dun borrador cos orzamentos do 2010. EU daba un prazo de confianza ata o 1 de febreiro ao goberno municipal máis a vinte días do mesmo non teñen coñecemento algún dese borrador e non cré que se vaia a cumprir. 

Catro son os retos fundamentais que dende EU se lle lanza ao goberno municipal. Aprender a negociar, xa que en minoría para sacar adiante proxectos como os presupostos é fundamental o consenso. En segundo lugar, Sánchez demanda maior adicación ao concello. “ Nin alcalde nin concelleiros avístanse polas instalacións municipais, teñen como exemplo da anterior lexislatura a Pancho que sempre estaba a disposición na casa consistorial”.  

Asemade  require que o alcalde se atope no seu sitio pois “ ás veces semella que mandan máis outros que él”. Como último punto, o voceiro de EU de fene sinala a urxente necesidade de ordenar os asuntos do concello “Hai gran malestar entre os traballadores, actas de pleno de setembro que se presentan con atraso,  necesítase renovar as mesas de contratación pois deste xeito non vai vir ninguén a contratar a Fene pois todo se eterniza”.

Para que o concello funcione hai que actuar políticamente e coller “o touro polos cornos”, indicou.

Institucional