Manuel Sánchez: por un Plan E a prol da veciñanza de Fene

Manuel Sánchez: por un Plan E a prol da veciñanza de Fene

14 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Beneficiar aos veciños e minimizar os gastos do concello”. Esta é a premisa necesaria que o voceiro de EU de Fene, Manuel Sánchez, demanda do novo Plan E. Tras a reunión da semana pasada para unha primeira toma de contacto entre os grupos municipais, Sánchez amósase dacordo co destino nos que se van investir o millón e medio de euros orzamentados para Fene. Avoga polo aforro enerxético, a sostenibilidade e polo medio ambiente.

O voceiro de EU de Fene apunta que son varios os puntos nos que se debe incidir . O alumeado de  baixo consumo, investimento en tecnoloxías de información e comunicación, o acondicionamento e a mellora dos edificios e locais de San valentín ou a eliminación de barreiras arquitectónicas constitúen algunhas das prioridades a ter en conta neste Plan E. 

No que atinxe ao PXOM adxudicarán este xoves a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal á empresa Arquiur. Unha actuación que segundo Manuel Sánchez non chega sen tempo tras 14 reunións para adoptar unha decisión. Apoia a vertebración de urbanismo e industria e a das parroquias coa ampliación dos núcleos urbanos das zonas rurais. Outro dos puntos que considera clave no PXOM é a ampliación do polígono de Vilar do Colo así como a mellora das comunicacións e a continuación da Ronda Oeste. 

Ante a proposta do BNG da creación dunha comisión de seguimento deste plan, Sánchez sinala que non só é necesaria senón que a mesma dá sentido á reforma. Deste xeito  garántese unha maior transparencia e participación, afirma.

Institucional