Manuel Souto faise co Galego de Slalom

Manuel Souto faise co Galego de Slalom
28 de Novembro, 2022 - 08:45 h. | Publicada por Radio Fene

A Decimoctava edición do Slalom Scratch Fene proclamou a Manuel Souto de Oroso Motosport como novo campión de Galicia de Slalom. O piloto da comarca de Santiago superou ao seu rival polo título, Fran Pico, por 381 milésimas, levándose a vitoria na proba raíña do Campionato de Galicia de Slalom. En terceira posición quedou o piloto de ACAP, Manuel Trevín, a bordo do seu BMW Compact.

Fene. 26 de novembro de 2022

81 pilotos tomaron a saída en 12 horas de carreiras ininterrompidas, con dúas mangas de adestramentos e dúas oficiais na xornada do sábado no parque empresarial de Vilar do Colo en Fene. Mariquiña Chao cun Citroen Saxo VTS venceu no trofeo feminino Ortegal Oil. 

Deportes

Publica o teu comentario agora