María do Ceo borra coa súa voz a fronteira entre Galicia e Portugal

María do Ceo borra coa súa voz a fronteira entre Galicia e Portugal

05 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

Se algún traballo resume ben o que María do Ceo representa na música ten que ser o que fai unha ducia xa na súa traxectoria, un dobre álbum que pon en pé de igualdade a canción portuguesa e a canción galega, xuntando algunhas das pezas máis populares de cada tradición e dándolles un novo alento na voz desta galega de Porto, desta portuguesa ourensá. “De Portugal a Galicia Fado

“De Portugal a Galicia Fado”, que unha vez máis foi autoeditado pola artista e contou cun "micromecenado privado" cuberto polos amigos, estalle a procurar a María do Ceo máis aceptación ca nunca alén Miño. Ademais dos parabéns que recolle en Portugal, o traballo en forma de libro-disco conta coa beizón do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, quen escribiu un limiar para a ocasión. A cantante segue estes días a presentar o disco por toda Galicia e entre os seus próximos concertos figura un que dará o día de San Valentín en Burela.

Cultura