ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A fadista portuguesa María do Ceo e o grupo Brath tocarán en Vilalba o vindeiro sábado 17 de abril do 2010 ás 20.30 horas no auditorio Carmen Estévez. O concerto, que se enmarca na programación do Xacobeo “Raíces”, traerá á capital da chaira a un dos grandes nomes da música tradicional lusa e a un dos valores dos últimos 30 anos da galega. As entradas estarán a venta a partir do luns 12 na oficina de cultura de 1
María do Ceo é unha das embaixadoras da cultura galega e está considerada como unha das sucesoras da fadista portuguesa Amalia Rodrigues. Esta artista abriulle as portas de Europa ó fado cantado en lingua galega. A fadista ten participado de numerosos festivais fóra de Galicia como o Intercéltico de Loriant ou o Homenaxe á propia Amalia Rodrigues no Coliseo de Lisboa, ademais das súas xiras por Alemaña, Italia ou Portugal.
Pola súa banda, Brath xorde da unión do compositor, cantante e batería Eloi Caldeiro con outros músicos en 1980, creando inicialmente temas instrumentais aos que no 1999 se lles engadiría a voz. Caldeiro fixo incursións noutros campos como a poesía ou mesmo a radio, onde presentou un dos programas de Radio Ondas Galicia, que acadou o “Premio Galicia de Xornalismo” polo mellor programa musical, ademais de acabar creando a súa propia compañía discográfica, Sons Galiza, no 1988. Despois de 30 anos, Brath converteuse nun dos grupos máis representativos da escena galega e nun referente para os músicos actuais.
Semana do Audiovisual Galego
O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba foi unha das 30 salas escollidas para acoller unha das proxeccións da Semana do Audiovisual Galego, en concreto catro curtametraxes de animación mañá contra as 11 da mañá para os rapaces de todos os centros de Primaria de Vilalba.
A Semana do Audiovisual foi pensada para difundir os principais traballos nominados por toda a xeografía galega. Este ano acada a súa cuarta convocatoria e desenvolverá o seu programa de proxeccións nun total de 30 salas das catro provincias galegas, desde o 5 ao 11 de abril.